Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o martes 30 de abril

10.00 e 12.00 h
No Auditorio de Galicia, Orquestra Malabares, concerto didáctico da Banda Municipal de Música e Pistacatro.

10.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, e do concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, para presentar o proxecto "Barrio Xardín". Na rolda tamén participarán Lola Puerta, da Librería Aenea, e María José Villaringa, profesora e veciña do barrio.

11.00 h
No Salón Reitoral (Pazo de San Xerome), a concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, participa na ROLDA DE PRENSA de presentación de Verán CampUSC. Na rolda estará a vicepresidenta da Fundación USC Deportiva e vicerreitora de Comunicación, Cultura e Servizos, Mar Lorenzo, e o xerente da Fundación USC Deportiva, Óscar Hermida.

11.30 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, recepción ao alumnado de intercambio do Colexio Groupe Scolaire Sainte-Croix de Francia.

12.00 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, recepción aos deportistas de Special Olympics Jesús Cabo e Ramona Seijo, gañador e gañadora de medalla na categoría de atletismo en Abu Dabi.

12.00 h
No Centro Xove da Almáciga, a concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, participa na apertura da mostra "Que fai un/ha creador/a no meu barrio?". No acto tamén estarán a vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, os membros de CREUSeCARRASCO arquitectos e os integrantes de Cenlitrosmetrocadrado.

18.30 h.
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, recepción á delegación da Asociación de Cáncer de Próstata (ANCAP).

Compartir: