Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o mércores 3 de abril

9.25 h
No Centro Cívico do Romaño, a concelleira de Mocidade, Noa Morales, dá a benvida ao alumnado participante na sesión comarcal do Club de Debate, procedente do IES Antonio Fraguas de Santiago (2 equipos), IES de Ames (3 equipos), IES do Milladoiro (2 equipos) e IES de Cacheiras (2 equipos). Ás 19.45 h, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, entrega os premios.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Deporte, Noa Morales, para presentar o I Mini BTT e X XCO Cidade de Santiago. Na rolda estarán Mónica Gonzalez López e Lourdes Couceiro de Núñez, vicepresidentas do club ciclista Compostela.

11.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Mocidade, Noa Morales, para presentar o programa #SenCancelas, espazo de socialización en galego para a mocidade compostelá, unha actividade dos orzamentos participativos de Mocidade. Na rolda estará Óscar Maceira, organizador.

12.00 h
Na sede da Asociación Hostalaría Compostela (rúa das Salvadas 29), ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Martiño Noriega; da concelleira de Turismo, Marta Lois; da presidenta da Asociación Hostalaría Compostela, Sara Santos; e o director do CIFP Compostela, Ramiro Esparís, para presentar a Festa Gastronómica das Uñas de San Lázaro, que se celebra do 5 ao 8 de abril en 21 restaurantes da cidade.

Compartir: