Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o sábado 27 de abril

9.30 h
Pleno extraordinario
Punto único: designación de membros de mesas electorais, por mor das vindeiras eleccións europeas e municipais.

12.00 h
No Centro Abanca Obra Social da praza de Cervantes, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, participa no acto de clausura da XIX Campaña Municipal de Animación á Lectura.

20.30 h
No pavillón das Fontiñas, a concelleira de Deporte, Noa Morales, asiste ao II Torneo Solidario de Patinaxe.

20.30 h
No Teatro Principal, Daniel Abreu presenta "La desnudez", dentro da programación de Artes Escénicas de Compostela Cultura. Ao remate, #posfuncion co público.

Compartir: