Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o mércores 10 de abril

10.00 h
No Auditorio, a concelleira de Turismo, Marta Lois, preside o Consello Municipal de Turismo.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Medio Rural, Mantemento e Obras para o Equilibrio Territorial, Rafael Peña, sobre asuntos da súa área.

16.30 h
Pleno ordinario
No Concello, sesión ordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1.- Aprobación, se procede, das actas correspondentes ás sesións ordinaria do 21 e extraordinaria do 30, ambas de marzo de 2019.
2.- Toma posesión do cargo de concelleiro de Don Antón Barba Pereira (PSdeG-PSOE).
3.- Aprobación inicial da modificación puntual do PXOM no ámbito do PERI-12. Antigo Colexio Manuel Peleteiro.
4.- Aprobación definitiva do estudo de detalle do ámbito 01 do ARI de Vite. Grupo de vivendas Nosa Señora de Belén.
5.- Aprobación definitiva do estudo de detalle do ámbito 03 do ARI de Vite. Zona 03A: rúa de Carlos Maside. Zona 03B: rúa dos Irmandiños.
6.- Aprobación definitiva do estudo de detalle das parcelas B4b01d e B4b01e do parque empresarial da Sionlla.
7.- Dar conta de resolución da concellaría delegada de economía e facenda, de rectificación de erro material na aplicación orzamentaria que financia o expediente de crédito extraordinario 2019-CREXT-02.
8.- Dar conta de resolucións da alcaldía e das concellarías delegadas e acordos da Xunta de Goberno Local.
9.- Rogos, preguntas e interpelacións.

20.00 h
No Teatro Principal, espectáculo "Bravas fronte ao cambio climático", no marco do proxecto Descarboniza! Que non é pouco...

20.30 h
No Centro Abanca (Praza de Cervantes) o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste ao acto de entrega de recoñecementos do programa "Sicted".

Compartir: