Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 25 de maio

10.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, para presentar o Festival de artes performativas Plataforma. Na rolda tamén estarán Anxo M. Lorenzo, secretario xeral de Cultura da Xunta de Galicia; Santiago Olmo, director do CGAC; e os directores do Festival, Iñaki Martínez, Mónica Maneiro e David Barro.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Mocidade, Rubén Prol, para presentar o programa Hortalízate. Na rolda tamén estará a coordinadora do mesmo, Luz Eyo.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da voceira de Compostela Aberta, Marta Lois, sobre asuntos de carácter local.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España
13.00 h
Na sede da Embaixada de España en París, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste ao almorzo co embaixador, José Manuel Albares; coa ministra de Turismo, Reyes Maroto; e cos demais alcaldes da Comisión Executiva do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España.
18.00 h
En París (na sede da Embaixada de España), o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, participa no acto de presentación da oferta turística do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España.

19.00 h, 19.15 h e 19.30 h.
No marco do Día das Letras Galegas, roteiro homenaxe a Xela Arias, organizado pola Escola Municipal de Música de Santiago. Consta dun paseo polo parque de Vista Alegre, con varias paradas nas que se sucederán diferentes actuacións musicais que acompañarán o recitado de poemas da escritora.
Punto de encontro: No acceso ao Parque de Vista Alegre desde a Rúa Pelamios.

Compartir: