Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 28 de xaneiro

10.00 h
Pleno ordinario
Na Casa do Concello, sesión ordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1.- Aprobación, se procede, da acta correspondente á sesión ordinaria do día 17 de decembro de 2020.
2.- Proposta da alcaldía relativa á periodicidade das sesións ordinarias do Pleno.
3.- Proposición presentada polo grupo municipal de Compostela Aberta para manter os postos de traballo dos empregados da liña de autobuses ao aeroporto de Santiago-Rosalía de Castro.
4.- Proposición presentada polo grupo municipal do Partido Popular sobre a sinatura do convenio coa USC, a urxente contratación das obras de mellora do Campus Sur e a participación da oposición no órgano de seguimento e avaliación da Edusi.
5.- Proposición presentada polo grupo municipal do BNG para crear unha comisión municipal do Xacobeo co fin de captar fondos doutras administracións e de reorientar os programas de turismo e cultura.
6.- Proposición presentada polo grupo municipal do BNG para a elaboración do V Plan de igualdade 2021-2024 e para incluír a perspectiva de xénero nos orzamentos municipais.
7.- Proposición presentada polo grupo municipal de Compostela Aberta para a implantación dos anticipos de caixa fixa nas axudas sociais e para axilizar o seu pagamento.
8.- Dar conta da resolución de prórroga do orzamento de 2020 para o ano 2021.
9.- Dar conta da elevación á aprobación definitiva da modificación da ordenanza 3.24, taxa pola utilización privativa e o aproveitamento especial do dominio público municipal.
10.- Dar conta de resolucións da alcaldía, concellarías delegadas e acordos da Xunta de Goberno.
11.- Rogos e preguntas.
Rogos:
Presentado por CA reclamando melloras no CIM de Santiago.
Presentado polo BNG conmemorar centenario Cantigas e Agarimos.
Presentado polo BNG para instalar iluminación aparcadoiro Altiboia.
Presentado polo BNG senda mitolóxica do Viso.
Presentado polo PP prazas aparcamento da rúa do Hórreo.
Presentado polo PP proxectos de peonalización.
Presentado polo PP mellora dotacións na zona de Sta. Marta.
Presentado por CA melloras na senda do Monte Viso.
Preguntas resposta oral:
Presentada por CA sobre estacionamento residentes cidade histórica.
Presentada polo PP sobre o tráfico no contorno da intermodal.
Presentada polo PP sobre a licitación da vía verde entre Santiago e Oroso.
Presentada polo PP sobre o transporte urbano ao aeroporto.
Presentada polo BNG sobre o COVID e restricións de aforos na hostalería.
Presentada polo BNG sobre instalación de colectores de recollida de residuos.
Presentada polo BNG sobre administración electrónica.
Presentada por CA sobre centro de atención ás persoas sen fogar.
Presentada por CA sobre o carril bici na rúa Clara Campoamor.
Preguntas resposta escrita:
Presentada polo PP renuncia a subvención compostaxe.
Presentada por CA sobre vertedura no lugar da Sionlla.
Presentada polo PP saneamento na rúa dos Vilares.
12.- Toma en consideración de mocións presentadas polos grupos políticos municipais:
1. Presentada polo grupo municipal de CA para a creación dunha ruta polo pequeno patrimonio cultural das zonas verdes de Santiago.
2. Presentada polo grupo municipal de CA para a realización de diversas actuacións nas escolas infantís municipais.
3. Presentada polo grupo municipal do BNG para que o concello medie no conflito laboral do transporte de Lavacolla que debe ser subrogado.
4. Presentada polo grupo municipal do BNG para a celebración do día de Rosalía.
5. Presentada polo grupo municipal de CA en solidariedade e apoio co sector da hostalería da nosa cidade.
6. Presentada polo grupo municipal do PP para garantir os dereitos dos traballadores da liña do autobús ao aeroporto afectados polo cambio na concesión.
7. Presentada polo grupo municipal do PP para melloras puntuais e planificación da reurbanización da rúa Corredoira das Fraguas.
8. Presentada polo grupo municipal de CA para frear o aumento das casas de apostas.
9. Presentada polo grupo municipal do BNG para designar fillo adoptivo de Santiago ao fotoxornalista Emilio Lavandeira Prieto.
10. Presentada polo grupo municipal do BNG para mellora a accesibilidade no barrio da Almáciga.

NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

Compartir: