Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 20 de maio

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

11.40 h
Na Carballeira de Conxo, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, achégase a ver o Pequeno Banquete.

Festa do Banquete
11.00 h O Pequeno Banquete. Representación teatral a cargo de Os Quinquilláns co alumnado dos centros de Santiago de Compostela CEIP Quiroga Palacios, IES Arcebispo Xelmírez II e CPR Santa Apolonia. Carballeira de Conxo.
12.30 h Wöyza presenta os temas do seu traballo Campo Estrelado para os centros participantes no Pequeno Banquete. Wöyza (voz), María Faltri (pandeireta e voces) e Jorge Juncal (teclados e programacións). Carballeira de Conxo.
17.00 h Coñéceo máis... Xincana familiar polo Bosque do Banquete de Conxo. Inscrición a través do correo electrónico dptoxuventude@santiagodecompostela.gal ata completar as prazas. Punto de partida: mosaico do Banquete de Conxo.
18.30 h Obradoiro de baile tradicional Bailabén, impartido por Gustavo Couto, director de Armadanzas de Laraño. Actividade aberta ao público en xeral sen inscrición previa. Praza de Conxo.
19.30 h Obradoiro de Cantos de Taberna. CSC Aurelio Aguirre de Conxo.
20.40 h Primeiro canto de taberna. Interior do Psiquiátrico. Taberna.
21.00 h Cantos de taberna nos bares do barrio. Coa participación dos grupos Muiñeiros do Sarela, Son de gaita, Can de ghaiteiro e Esfolladores de Illobre.

Compartir: