Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o mércores 29 de decembro

10.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, para dar conta do proxecto "Entre Sar e Sarela. Estratexia de infraestrutura verde para Santiago de Compostela", que presenta o Concello á convocatoria da Fundación Biodiversidad para fomentar actuacións dirixidas á renaturalización e resiliencia de cidades españolas.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, para presentar o caderno "As casas do concello". Na rolda tamén estará a investigadora e especialista en historia e patrimonio, Mercedes Vázquez Bertomeu.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Deportes, Esther Pedrosa, sobre a carreira San Silvestre.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

12.00 h
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e o concelleiro de Educación, Rubén Prol, visitan as actividades do Programa de Conciliación de Nadal que se están a desenvolver no Espazo Educativo e de Lecer María Miramontes (rúa das Fontes do Sar, núm. 3).

Compartir: