Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 25 de febreiro

9.30 h
No Pazo de Congresos, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste á inauguración do V Congreso Mundial de Educación EDUCA 2022.

10.00 h
Plantación de árbores xunto ao alumnado do colexio La Salle na Parcela Entre Ínsuas (Chaián), con asistencia da concelleiro de Medio Rural, José Manuel Pichel.
Ubicación: https://goo.gl/maps/fdFCvKQZaFb2wZ6m6

11.00 h
Na Casa do Cabido, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste á inauguración da exposición Romero Masiá. Pintor en Compostela. Abstracción / Figuración, patrocinada e coordinada polo Consorcio de Santiago, e comisariada por David Ferreras.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, e do presidente da Xunta de Confrarías, José Ramón Muñiz Ramos, para presentar o programa da Semana Santa.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

19.00 h
No paraninfo da Universidade, a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, asiste ao acto de entrega das Medallas do Consello da Cultura Galega.

Compartir: