Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o luns 4 de xuño

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal popular, Agustín Hernández, sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Medio Rural, Rafael Peña, para presentar o xogo de toponimia "Atopando Compostela". Na rolda tamén estará un representante da asociación Etnoga.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, para presentar as Xornadas de Música Contemporánea, que se celebran na cidade do 6 ao 29 de xuño. Na rolda intervirán Santiago Olmo, director do CGAC; Goretti Sanmartín, vicepresidenta da Deputación da Coruña; e Pablo Sampedro, director da Área de Cultura da USC.

16.00 h
No Centro Xove da Almáciga, obradoiro "Desmontaxe de bulos e fake news", no marco das actividades de Compostela + Solidaria.

Compartir: