Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o martes 26 de xuño

10.15 h
No CEIP Monte dos Postes, o concelleiro de Educación, Manuel Dios, visita os nenos e nenas que están a participar no programa municipal de Conciliación de Verán.

11.00 h
No Auditorio de Galicia (cafetería), ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago e presidente do Consorcio, Martiño Noriega, para presentar a temporada de concertos 2018-2019 da Real Filharmonía de Galicia. Na rolda tamén estará o director titular da RFG, Paul Daniel; a directora técnica da RFG, Sabela García Fonte; e o director-xerente del Auditorio de Galicia, Xaquín López. Ao remate servirase un café.

12.00 h
Na praza do Obradoiro, minuto de silencio pola muller asasinada en Zaragoza vítima da violencia machista.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal popular, Agustín Hernández, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Deporte, Noa Morales, para presentar a V edición do Jamboree Nacional Minibasket de Clubs. Na rolda estará a secretaria xeral da Federación Galega de Baloncesto, Susana Fiuza.

18.00 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, recepción á S.D. Compostela.

20.30 h
No Auditorio de Galicia (Sala Mozart), concerto do Dúo Finisterrae (Bleuenn Le Friec, harpa, e André Cebrián, frauta) dentro das Xornadas de Música Contemporánea.

Compartir: