Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 14 de xuño

10.00 h
Na sede de Miraxe, S.Coop. Galega (rúa de Neira de Mosquera, 8), almorzo informativo coa concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, para presentar os "Batidos sinérxicos de economía social", unha actividade enmarcada no programa "Compostela Móvese con S de Social 2018".

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde, Concha Fernández, para presentar os actos con motivo do Día Mundial das Persoas Refuxiadas.

12.00 h
Na Casa do Concello, sinatura do contrato para a celebración en Santiago da Supercopa Endesa 2018. Asisten: Martiño Noriega, alcalde da cidade; José Miguel Calleja, director xeral da ACB; Valentín González Formoso, presidente da Deputación da Coruña; Miguel Temboury, director xeral territorial Zona Noroeste de Endesa; Raúl López, presidente do Monbus Obradoiro, e Noa Morales, concelleira de Deporte.

13.30 h
No Salón Nobre, recepción á Asociación de Persoas Xordas de Santiago de Compostela, con motivo do Día Nacional das Linguas de Signos Españolas.

20.00 h
Na praza das Praterías, concerto da Banda Municipal de Música e o grupo Píscore

20.30 h
Na Sala Mozart do Auditorio de Galicia, "O pulso da fala", concerto de José Vicente Faus, Fernando Buide del Real e alumnos e alumnas da Escola de Altos Estudos Musicais, dentro das Xornadas de Música Contemporánea.

Compartir: