Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o sábado 27 de xaneiro

10.30 h
Na Coruña (Centro Ágora), a concelleira de Mocidade, Noa Morales, asiste ás xornadas de mocidade e participación xuvenil "Descubrir, aprender e construír en comunidade" organizadas polo Concello da Coruña.

11.45 h
No Pazo de San Roque, a concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, asiste á presentación de "O diario galego".

12.00 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, recepción á Associaçao Jose Afonso.

13.30 h
No pavillón de Santa Isabel, a concelleira de Deporte, Noa Morales, asiste á entrega de premios do Campionato Galego Sénior e Cadete de Loitas Olímpicas.

18.30 h
No Auditorio de Galicia, concerto ‘As que máis molan!!!’ de María Fumaça, dentro do ciclo Cultura en Familia.

20.30 h
No Teatro Principal, Mofa e Befa presenta ‘Cranios privilexiados ou crítica da razón perralleira’, dentro do ciclo de Teatro&Danza.

Compartir: