Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 26 de xaneiro

10.00 e 12.00 h
No Auditorio de Galicia, Dúas e Exire presentan ‘Todo é percusión’, dentro do programa didáctico da concellaría de Acción Cultural.

10.30 h
No Hotel Monumento San Francisco, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, participa no acto de inauguración do III Congreso de Biopsia líquida.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de goberno local.

12.30 h
No CEIP Pío XII, a concelleira de Deporte, Noa Morales, asiste á última xornada do programa "Coñece o Squash", acompañada polo presidente da Federación Galega de Squash, Carlos Noya, e o deportista Borja Golán.

13.00 h
Na Alcaldía, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reúnese coa xerente do Centro Alzheimer da Fundación Reina Sofía, María Ángeles Pérez.

20.30 h
No Teatro Principal, Mofa e Befa presenta ‘Cranios privilexiados ou crítica da razón perralleira’, dentro do ciclo de Teatro&Danza.

Compartir: