Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 22 de xaneiro

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Deporte, Noa Morales, para presentar o Campionato Galego sénior e cadete de Loitas Olímpicas. Na rolda estarán o presidente da Federación Galega de Loita, José Luis Olazábal, e o director técnico da Federación Galega de Loita, Pablo Pintos.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

18.00 h
No Centro Xove da Almáciga, a concelleira de Benestar Animal, Noa Morales, participa nunha charla sobre a nova Lei de Benestar Animal de Galicia e o seu impacto na cidade, en colaboración coa Fundación Franz Weber.

Compartir: