Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 16 de xaneiro

10.00 e 12.00 h
No Teatro Principal, Culturactiva presenta ‘O Valo’, dentro do Programa Didáctico.

10.00 h
No CGAC, almorzo informativo do voceiro do grupo municipal popular, Agustín Hernández, sobre asuntos de carácter local.

11.15 h
Visita do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e do concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, á Alameda para ver a nova sinaléctica. Na visita tamén estarán representantes de Finsa e da Asociación de Antigos Alumnos da USC.
Punto de encontro: banco de Valle-Inclán.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, para presentar o programa de Cultura en Familia.

Compartir: