Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 10 de xaneiro

10.00 h
Na Sala de Xuntas do edificio Emprendia, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste á xornada do Comité Directivo Final do Proxecto SOLA: SpinOff Lean Acceleration.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
Na Casa do Concello ROLDA DE PRENSA da concelleira de Políticas Sociais, Diversidade, Saúde e Centros Cívicos, Concha Fernández, para presentar a noite de palabra e música solidaria "Implicad@s no Desenvolvemento". Na rolda estarán María Reimóndez, Yolanda Castaño, Verónica Martínez e Isi.

Compartir: