Previsións informativas para o martes 12 de xullo
11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal popular Alejandro Sánchez-Brunete sobre asuntos de carácter local.
12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Economía e Facenda, María Rozas, sobre asuntos da súa área.
12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, para presentar a MOSTRA DE CELLOGRAFFITI, dentro do Plan RÚAS
20.00 h
No Auditorio de Galicia, proxección da ópera de Mozart ‘Cosí Fan Tutte’, gravada hai uns días no Festival Aix-en-Provence. Coa colaboración de Arte, Fondation Orange e o Institut Français.
VERÁN EN VERDE
VER
19.00 h No Parque da Música en Compostela, ‘A Banda das Apertas’, un percorrido polas cancións infantís de diferentes proxectos de Magín Blanco como A nena e o grilo, Gatuxo, María Fumaça ou Rosalía Pequeniña.
FACER
12.30 h No parque de Bonaval (cemiterio), Obradoiro de Danza Creativa: accións corporais básicas.
PERCORRER
11.00 h Con saída da Estatua das Dúas Marías (en Porta Faxeira), visita guiada á Alameda dentro das visitas aos parques e xardíns. Necesaria inscrición previa no 661 406 965.