Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 10 de xullo

10.00 h
Na sede do Arcebispado, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reúnese co arcebispo de Santiago, Julián Barrio. SÓ GRÁFICOS. Declaracións ao remate.

11.00 h
En Sondanza (rúa de Ferrol, 25), a concelleira de Políticas Lingüísticas, Noa Díaz, fai entrega dos premios do concurso Fotolingua.

11.15
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e a subdelegada do Goberno na Coruña, Pilar López-Riobóo, presiden a Xunta Local de Seguridade. Declaracións ao remate (12:00 h, aprox.).

12.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da voceira do grupo municipal do BNG, Goretti Sanmartín, sobre asuntos de carácter local. Tamén participan Cristina Guerra e Pablo de Prado, do comité de AENA en Lavacolla.

19.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, recibe a Asociación de Empresarios do Polígono do Tambre.

20.00 h
Na terraza da Fundación SGAE, concerto de Monnone Alone + Martin Frawley dentro de "TerraZeando. Ciclo de Concertos ao Fresco", organizado por Desconcerto Cultural.

Compartir: