Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o sábado 8 de setembro

11.00 h
Na praza da Quintana, a concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, asiste á concentración de Proxecto Home Galicia.

12.30 h
Na praza do Obradoiro, a concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, recibe a Philippe Malysse, que vén de realizar o camiño en bicicleta dende Bélxica, dentro do proxecto "La Trao".

13.00 h
No polideportivo das Fontiñas, a concelleira de Deporte, Noa Morales, asiste ao Summer Camp de Roller Derby.

20.30 h
No Teatro Principal, Contraproducións presenta "Commedia", dirixida por Cándido Pazó e con Víctor Mosqueira, Marcos Orsi, Nuria Sanz, Sergio Zearreta, Avelino González e César Goldi. Represéntase de novo, 25 anos despois de se converter nun dos fitos do teatro galego.

Compartir: