Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o sábado 22 de setembro

10.00 h -14.00 h
Na rúa Doutor Teixeiro, "Parking Day", dentro da Semana Europea da Mobilidade.

10.00 h
No Hospital Clínico Universitario de Santiago, a concelleira de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde, Concha Fernández, asiste á inauguración das XVI Xornadas Galegas de Fisioterapia.

12.00 h
Na praza de Abastos, a concelleira de Políticas Sociais, Diversidade, Saúde e Centros Cívicos, Concha Fernández, participa no acto de sensibilización e concienciación das demencias organizado por AGADEA con motivo do Día Mundial do Alzheimer.

13.00 h
Na praza Roxa, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, visita as Festas do Ensanche.

18.15 e 19.15 h
No Multiúsos Fontes do Sar, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste ao concurso de triples e á final da Supercopa Endesa 2018.

18.30 h
No Teatro Principal, a compañía Marie de Jongh presenta "Amour", un espectáculo teatral dirixido a toda a familia que foi Premio MAX 2017 ao Mellor Espectáculo Infantil e Familiar.

Compartir: