Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o venres 21 de decembro

10.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Políticas Sociais, Diversidade, Saúde e Centros Cívicos, Concha Fernández, para presentar o informe de vulneracións de Médicos do Mundo que leva por nome "A Urxencia dunha sanidade universal". Na rolda estarán Belén Torrón, Iria Gippini e Eva Neira, de Médicos do Mundo.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, para presentar a "Procesión da Santa Bolaña". Na rolda tamén participarán Clara Gayo, coordinadora artística do acto, e Comba Campoi, produtora executiva.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, para presentar as actuacións de "As raíces na pedra", dentro da programación de Nadal. Na rolda estarán representantes das agrupacións Brincadeira, Ultreia, Colexiata de Sar e Cantigas e Agarimos.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de Goberno local.

13.15 h
No Salón Nobre, recepción de Nadal aos traballadores e traballadoras do Concello e recoñecemento aos xubilados e xubiladas neste 2018.

18.00 h
No Museo de Historia Natural, Anxo Moure e Servando Barreiro presentan o espectáculo familiar "A música das árbores", dentro do FestAlegre.

19.00 h
No Teatro Principal, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste ao concerto de Nadal da Escola Municipal de Música en homenaxe a Xosé Manuel Rodríguez-Abella.

20.00 h
Na Casa de Europa, "Desconcerto", recital do Grupo Ouriol con poemas de Eva Veiga, dentro do FestAlegre.

Compartir: