Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o sábado 15 de decembro

10.00 a 19.00 h
No Auditorio de Galicia, III Foro Negro da Cultura, organizado pola Asociación Cultural Unha Gran Burla Negra.

11.00 h
No Colexio La Salle a concelleira de Políticas Sociais, Diversidade, Saúde e Centros Cívicos, Concha Fernández, asiste á gala e acto de entrega dos premios de Fútbol Sala e Baloncesto "Special Olympics" Galicia.

12.30 h
Na praza 8 de Marzo, a concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, visita o Mercado da Estrela.

13.30 h
No Hotel Puerta del Camino, a concelleira de Políticas Sociais, Diversidade, Saúde e Centros Cívicos, Concha Fernández, asiste ao acto de entrega dos Premios Cogami.

18.00 h
No campo de rugby da USC, a concelleira de Deporte, Noa Morales, asiste ao partido de inauguración do novo campo entre o Santiago Rugby Club e o Vigo B.

19.30 h
No Teatro Principal, Homenaxe a Claudio Guerín coa proxección de "Galicia" e de "Santiago de Compostela" e "Cara a Santiago", da serie Coñeza vostede España. Presentado por Ezequiel Méndez, nunha actividade de Curtocircuíto e Cineclube de Compostela.

20.30 h
No Restaurante Barrigola, a concelleira de Deporte, Noa Morales, asiste á entrega de premios Borja Golán.

20.30 h
No Auditorio de Galicia, concerto de presentación do disco "A Nosa Música" da Banda Municipal de Música en colaboración con Treixadura e a Agrupación Folclórica Cantigas e Agarimos.

Compartir: