Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o venres 14 de decembro

10.00 h
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, visita o campo de fútbol de Santa Isabel con motivo do partido entre as selección femininas de Galicia e Extremadura sub 15 e sub 17 da primeira fase do Campionato de España.

11.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, para dar a coñecer o fallo do xurado do I Premio Selic.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de Goberno local.

12.00 h
No pavillón de Santa Isabel, a concelleira de Deporte, Noa Morales, asiste ao peche da segunda edición da campaña "Coñece o Squash", que se desenvolveu nos centros educativos

18.00 h
No Matadoiro, a concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, participa na inauguración do mercado de Nadal da Asociación para a Formación e Emprego de Persoas con Discapacidade Intelectual, AFEXDI.

Compartir: