Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o martes 24 de xaneiro

11.00 h
Na terraza do Pazo de Raxoi, recepción ao clube de Mushing ACADE, que presentará os logros acadados no Campionato de España Mushing Terra, celebrado en Ólvega (Soria) o pasado mes de decembro.

11.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da voceira de Compostela Aberta, María Rozas, sobre asuntos de carácter local.

11.45 h
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, visita o Centro de Educación Especial A Barcia (A Barcia, 79, Laraño).

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Festas, Sindo Guinarte, para presentar as bases do concurso do Entroido.

20.00 h
No Auditorio de Galicia, inauguración da exposición SEMPRE MÁIS. ARTE, ECOLOXÍA e PROTESTA na Galicia do Prestige. Asisten o alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, acompañados de María Bella, coordinadora da exposición.

Compartir: