Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 29 de maio

11.00 h
No Auditorio de Galicia, Ensaio aberto ao público da Real Filharmonía de Galicia, previo ao concerto que darán esa noite xunto ao Coro Feminino do Orfeón Terra A Nosa e ao actor Luis Iglesia.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Centros Cívicos en funcións, Concha Fernández, para presentar o Festival "Batebatuke". Na rolda tamén participarán os representantes de Trópico de Grelos

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Educación en funcións, Manuel Dios, para presentar o Festival Intercentros de Danza.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural en funcións, Branca Novoneyra, para presentar o concerto "Los 40Pop" no marco das Festas da Ascensión. Na rolda estará o director xeral de Radio Galicia - Cadena SER, Mario Moreno, e o cantante Roi Méndez.

19.30 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, acto de entrega dos Premios EducaCompostela, que chegan á súa XI edición.

19.45 h
No Auditorio de Galicia (Sala Mozart), Conversando con… Paul Daniel e Luis Iglesia, previo ao concerto que ofrecen coa Real Filharmonía de Galicia.

20.30 h
No Auditorio de Galicia, "Pompa e Revolución", concerto da Real Filharmonía de Galicia, dirixida por Paul Daniel; acompañada polo Coro feminino do Orfeón Terra A Nosa (que dirixe Miro Moreira) e co actor Luis Iglesia como narrador. Estrea en España da "Balada da prisión de Reading (para narrador e orquestra, a partir do poema homónimo de Óscar Wilde", de Rathbone. Interpretan tamén obras de Elgar e Smyth.

Compartir: