Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o sábado 13 de outubro

11.30 h
Na praza do Obradoiro, presentación da actividade ‘Santiago énchese de pianos’, a carón do piano de cola situado na praza. Participan o director-xerente do Auditorio de Galicia, Xaquín López; Laura Halpern, directora da Fundación Jesús Serra, e Jordi Vivancos, responsable do concurso de música María Canals. (NOTA: En caso de choiva, o piano estará nos soportais).

12.00 h
No CIAC (Belvís), Obradoiro de limpeza do fogar sen tóxicos A actividade está dirixida a público adulto. É de balde pero é preciso inscribirse.

18.00 h
No Camiño real de Angrois, a concelleira de Deporte, Noa Morales, dá o pistoletazo de saída á carreira do circuíto CorreSan "Ruta da Prata-Angrois". Ao remate, fai entrega dos premios.

XXIII Festival Internacional Galicreques 2018
Toda a programación en galicreques.com

Compartir: