Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 23 de abril

10.30 h
No Centro Sociocultural das Fontiñas (sala da Biblioteca Municipal), con motivo do Día do Libro, a concelleira de Capital Cultural, Míriam Louzao, e o concelleiro de Centros Socioculturais, Xan Duro, presentan a nova Colección SELIC de Libros Asinados, que pasará a formar parte dos fondos da Biblioteca Municipal. Tamén estará Camilo Franco, director do Festival da Lectura.

11.00 h
No Auditorio do Edificio CINC da Cidade da Cultura, o concelleiro Manuel César asiste ao acto de entrega de premios do X Certame Literario VIAQUA.

11.30 h
No CERSIA, o concelleiro de Sustentabilidade Ambiental, Xesús Domínguez, participa na apertura da Xornada sobre Certificados de Aforro Enerxético (CAEs).

13.00 h
Na Casa do Concello, xuntanza da Comisión de seguimento do Plan Estratéxico de Ourives de Compostela.

19.00 h
No Museo do Pobo Galego (Costa de San Domingos, S/N), a alcaldesa de Santiago e presidenta do Consorcio, Goretti Sanmartín, preside o acto de presentación do libro "Compostela ilustrada", coeditado polo Consorcio de Santiago xunto coa editorial El Patito Editorial.
Ademais, con motivo do Día do Libro, o Consorcio de Santiago fará entrega de publicacións na Casa do Cabido de 10.00 h a 14.00 h e de 17.00 h a 21.00 h.

Compartir: