Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o sábado 20 de abril

10.00 h
Os concelleiros de Mobilidade, Xan Duro, e de Obras, Xesús Domínguez, visitan o aparcadoiro habilitado polo Concello a carón do CIMUS durante as obras de ampliación do CHUS (rúa da Eira da Palleira).

11.00 h
No Salón Nobre, recepción á ATPG, Asociación de Técnicos de Protocolo de Galicia.

12.00 h
Na Zona C, sesión ‘Fanzines, camiños e ida e volta’, encontro coas artistas participantes na exposición ‘#Punctum, beliscos de BD na arte contemporánea galega’. Maru Astray, Julia Lago, Uxía Larrosa, Bea Lema, Xulia Pisón e Pepa Prieto conversan sobre fanzine nun faladoiro aberto e moderado por Neves Rodríguez. A actividade forma parte do programa ‘Mulleres en cadriños’. De balde até completar capacidade.

16.30 h
Na Zona C, obradoiro ‘BDD. Banda deseñada díver’, con Julia Lago. Dirixido á rapazada de 9 a 12 anos. De balde previa inscrición en obradoiros.punctum@gmail.com

20.30 h
No Auditorio de Galicia, a compañía barcelonesa de danza contemporánea La Veronal presenta ‘Sonoma’, un espectáculo que conta co apoio da Generalitat de Catalunya e forma parte do circuíto PLATEA do INAEM.

Compartir: