Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 17 de abril

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Cultura, Miriam Louzao, e do concelleiro de Centros Socioculturais, Xan Duro, para presentar o programa "No campo de fóra" de concertos e paseos musicais nos centros socioculturais. Na rolda tamén participará Mauro Sanín, en representación de aCentral Folque

20.30 h
No Teatro Principal, proxección do documental ’Suso. Fóra de Lugar’, un filme de Alberto Salcido arredor da figura de Suso de Toro. Entrada libre previa retirada de convites na Zona C o martes 16 e o mércores 17 de abril no horario habitual do espazo (máximo dous convites por persoa). Asiste a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín.

Compartir: