CAPITAL CULTURAL
‘Macho Grita’ e ‘Amal’ centran a axenda escénica de Compostela Cultura para a fin de semana
Alberto San Juan parte do mito de Don Xoán para revisar a historia de España en ‘Macho Grita’, un espectáculo da Compañía Nacional de Teatro Clásico que encherá o venres o Teatro Principal. A compañía La Baldufa tomará as táboas da rúa Nova o sábado con ‘Amal’, un traballo para público familiar que se atopa entre os recomendados pola Rede Española de Teatros.
CAPITAL CULTURAL
A palestina Adanía Shibli, censurada en Alemaña, estará na SELIC
Os últimos libros de Jon Bilbao, Rosa Aneiros, Diego Ameixeiras e O Leo de Matamá tamén serán protagonistas no Festival da Lectura.
ALCALDÍA
O Concello entregará mañá as súas distincións máis elevadas a sete figuras clave na historia da Compostela
O Teatro Principal acollerá mañá, xoves 11 de abril, o acto de entrega de títulos, honras e condecoracións a sete persoeiros cuxas traxectorias vitais e profesionais contribuíron á historia e ao progreso de Compostela en distintos ámbitos. O Concello outorgará as Medallas de Ouro da cidade a Tareixa Navaza e a Luís Pasín, e nomeará Fillos predilectos de Santiago a Ramón Baltar, a Aurora Pereira (Aurichu), ambos a título póstumo, e a Ezequiel Méndez. José Porto e Manuel...
XUVENTUDE
Cine, música, coidado dos animais e saúde, propostas gañadoras nos Orzamentos Participativos de Xuventude
Propostas relacionadas co cine, a música, os animais e a saúde foron as máis votadas nos Orzamentos Participativos do departamento de Xuventude. A concelleira María Rozas presentou hoxe os resultados do proceso, no que se decidiu o destino de 100.000 euros para actividades do presuposto municipal de 2024. Ao longo do ano executaránse as dez actividades mellor valoradas das máis de cen que foron validadas, despois dunha fase de votación na que participaron máis de mil mozos e mozas.
FESTAS
Aberto ata o 8 de maio o prazo para inscribirse no 5º Mercado do Libro da Festa do Banquete
Conxo acollerá os vindeiros 24, 25 e 26 de maio unha nova edición da Festa do Banquete cunha amplo programa de actividades entre o que se atopa o Mercado do Libro, que se desenvolverá o sábado 25 e o domingo 26 na praza Aurelio Aguirre. Baixo a organización do Departamento de Comercio do Concello, este espazo acollerá expositores dos sectores do libro que poderán presentar a súa solicitude ata o día 8 de maio. Tamén estará aberto ata o 13 de maio o prazo para a solicitude de ocupación da vía...
IGUALDADE
Minuto de silencio pola última vítima mortal de violencia vicaria
A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio polo menor asasinado en Girona o pasado 3 de abril, vítima de violencia vicaria.
PARQUES E XARDÍNS
O CIPX do Parque de Belvís acolle un curso de iniciación á horta ecolóxica
O Curso de iniciación á horta ecolóxica foi impartido por Enrique Banet, presidente da Fundación Galicia Verde, o pasado 5 de abril no CIPX (Centro de Información dos Parques e Xardíns) do Parque de Belvís. Trátase dunha formación impulsada polo Concello de Santiago a través do seu Servizo de mantemento, conservación e mellora dos espazos verdes e arboredo dirixida á cidadanía.
XUVENTUDE
O programa Teatro Foro invita á mocidade a reflexionar sobre a adicción aos xogos e ás apostas
O IES Rosalía de Castro acolleu hoxe unha sesión do programa Teatro Foro, organizado pola Concellaría de Xuventude para achegarlles aos mozos e mozas ferramentas para abordar temas sensibles ou para resolución de conflictos. A concelleira María Rozas participou na xornada, dedicada hoxe á adicción aos videoxogos e ás apostas.
FESTAS
FESTA DO BANQUETE DE CONXO 2024
A V Festa do Banquete de Conxo celebrarase este ano o venres 24, sábado 25 e domingo 26 de maio na carballeira do Banquete de Conxo e na praza Aurelio Aguirre. Consulta nesta páxina toda a información.
XUNTA DE GOBERNO
Aprobadas as bases da convocatoria de subvencións destinadas ás asociacións veciñais
A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe as bases da convocatoria de subvencións dirixidas ás asociacións veciñais de Santiago de Compostela, para o desenvolvemento de programas e actividades de interese xeral. Estas axudas contan cun orzamento de 98.000 euros.