ALCALDÍA

A partir do vindeiro xoves 19 de marzo non se permitirá o cobro en efectivo nos autobuses urbano

16/03/2020

A Xunta de Goberno ordinaria tomou conta de varias medidas acordadas en relación coa crise do coronavirus, entre elas a eliminación do cobro en efectivo no transporte urbano ou a interrumpución dos prazos dos procedementos administrativos tramitados polo Concello. O rexedor e a concelleira de Políticas Sociais tamén mantiveron hoxe unha xuntanza cos responsables das cadeas alimenticias para garantir a suministración de productos, especialmente para a poboación en risco.

Ler máis

XUNTA DE GOBERNO

Acordos da Xunta de Goberno local ordinaria

16/03/2020

A Xunta de Goberno local reuniuse hoxe en sesión ordinaria, pero fíxoo no Salón de Plenos para poder manter as distancias recomendadas polas autoridades sanitarias entre os seus membros.

Ler máis

ALCALDÍA

A Xunta de Goberno acorda novas medidas para a prevención do Coronavirus

14/03/2020

Reunida en sesión extraordinaria, a Xunta de Goberno tomou as seguintes medidas: actívase o Plan de Emerxencia Municipal (PEMU), axústanse as restricións no tanatorio establecendo o límite de persoas en cada sala a 10 e a un total de 25 na capela, limítase o aforo dos autobuses urbanos a 30 persoas e elimínase a obrigatoriedade de rotación na ORA.

Ler máis

ALCALDIA

Sánchez Bugallo pide comprensión e colaboración á cidadanía ante os acordos adoptados polo Concello para frear a expansión do COVID-19

13/03/2020

O alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo, espera contar coa "comprensión e plena colaboración da poboación", ante os acordos adoptados con carácter urxente nas dúas últimas Xuntas de Goberno Locais extraordinarias, e que teñen como obxectivo loitar contra a expansión da enfermidade do COVID-19 e velar pola protección da saúde da veciñanza. Uns acordos que se adoptaron, segundo explicou o rexedor, en coordinación coas medidas acordadas pola Xunta de Galicia, e publicadas...

Ler máis
Compartir: