ACCIÓN CULTURAL

Convocada a XXVI edición do Premio de Investigación Antón Fraguas

26/04/2023

A Asociación do Traxe Galego, coa colaboración do Concello de Santiago, convoca a XXVI edición do Premio de Investigación Antón Fraguas sobre o Traxe Galego Tradicional. O certame volve contar con dúas modalidades: traballos descritivos e traballos analíticos, ambas as dúas con premios de 1.800 euros. O prazo de presentación de traballos rematará o 15 de setembro.

Ler máis

ALCALDÍA

O Concello preséntalles ás asociacións de hostalaría o estudo técnico sobre a taxa turística

26/04/2023

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e o concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, mantiveron esta mañá un encontro cos representantes da Unión Hotelera Compostela, Hostalaria.gal e a Asociación de Hostelaría Compostela para presentarlles o "Informe sobre a creación dunha taxa turística para un turismo máis sostible en Santiago de Compostela", elaborado polo catedrático de Dereito Financeiro e Tributario da USC César García Novoa, que tamén estivo presente na reunión.

Ler máis

FESTAS

Aberto ata o 28 de abril o prazo para inscribirse no 4º Mercado do Libro e da Artesanía da Festa do Banquete

25/04/2023

Conxo acollerá os vindeiros 12, 13 e 14 de maio unha nova edición da Festa do Banquete cunha amplo programa de actividades entre o que se atopa o Mercado de Artesanía, que se desenvolverá o sábado 13 e o domingo 14 na praza Aurelio Aguirre. Baixo a organización do Departamento de Comercio do Concello, este espazo acollerá expositores dos sectores do libro e da artesanía, que poderán presentar a súa solicitude ata o día 28 de abril. Tamén estará aberto ata o 8 de maio o prazo para a solicitude de...

Ler máis

CIDADES PATRIMONIO

Segovia acolle as xornadas para abordar os grandes retos das Cidades Patrimonio en ámbitos como a rehabilitación do patrimonio, o turismo ou a sostenibilidade

25/04/2023

Promovidas polo Grupo de Cidades Patrimonio e patrocinadas polo Ministerio de Cultura, estas xornadas celébranse os días 24 e 25 de abril na Casa da Lectura-Biblioteca Municipal, baixo o título "Cidades Habitadas. Vida e sustentabilidade urbana nas Cidades Patrimonio da Humanidade". A concelleira de Urbanismo e Acción Cultural, Mercedes Rosón, participou nunha mesa de debate sobre a accesibilidade nas cidades históricas, no que compartiu a experiencia de Santiago.

Ler máis

MOBILIDADE

Mañá celebrarase o cuarto Encontro Participativo Temático no marco da actualización do Plan de Mobilidade Urbana Sostible

25/04/2023

Neste último encontro temático, no marco do proceso participativo de revisión e actualización do PMUS, debateranse as problemáticas e retos da mobilidade no medio rural e na área metropolitana. Trátase do cuarto encontro tras tres citas nas que se trataron temas como a mobilidade de peóns, bicibletas e VMP, o trasporte público ou o tráfico e estacionamento na cidade, e se desenvolverá en formato telemático a partir das 10.00 h.

Ler máis

XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno aproba a licitación do Centro Integral para a Inclusión Social (CIPIS)

24/04/2023

A Xunta de Goberno aprobou hoxe o expediente de contratación do "Centro Integral para a Inclusión Social" (CIPIS)" que conta cun orzamento base de licitación de 835.142 euros. Segundo explicou o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, o obxectivo deste centro de servizos é atender e formar ás persoas en risco de exclusión social. "Axudalas", subliñou, "na medida do posible" na súa reinserción social e laboral, "préstandolle atención á problemática que...

Ler máis

XUNTA DE GOBERNO

José Luis Baños de Cos, premio Exeria de proxectos de creación literaria

24/04/2023

A Xunta de Goberno Local aprobou a concesión do "Premio Exeria de proxectos de creación literaria" a José Luís Baños de Cos. O obxectivo desta convocatoria é fomentar a creación literaria desde a súa orixe e contribuír a súa internacionalización. O premio consiste na dotación de 3.000 euros e na xestión dunha viaxe a Xerusalén con hospedaxe na Residencia Al Mamal.

Ler máis
Compartir: