DEPORTES

Santiago acollerá o I Torneo Internacional de Balonmán Deputación da Coruña do 9 ao 11 de decembro

07/12/2022

Santiago acollerá do 9 ao 11 de decembro o I Torneo Internacional de Balonmán Deputación da Coruña, no que participarán 20 equipos e máis de 450 deportistas das categorías infantil, cadete e xuvenil (masculina e feminina). No aspecto deportivo o principal obxectivo desta competición é servir como preparación das seleccións galegas de cara ao Campionato de España de Seleccións Territoriais, que se celebrará do 3 ao 8 de xaneiro de 2023 en Benidorm.

Ler máis
Compartir: