ACCIÓN CULTURAL

Curtocircuíto 2020: unha edición chea de retos

24/09/2020

O festival, que anunciou recentemente as 35 películas da súa Sección Oficial, pecha agora a súa programación presencial que reunirá o máis destacado do cinema actual a través dunha rica programación que non só exhibirá películas -tanto de forma presencial como a través de Filmin, sede online do festival-, senón que tamén ofrecerá concertos ou performances A/V.

Ler máis

PLENO

Aprobada unha moción conxunta dos catro grupos muncipais para a recuperación das estatuas do Mestre Mateo

24/09/2020

En virtude da mesma, o Concello instará ás diferentes administración implicadas a abrir un novo procedemento xudicial para reclamarlle á familia Franco as esculturas de Abraham e Isaac. Tamén houbo unanimidade á hora de apoiar a proposición de non amparar a instalación dun vertedoiro no lugar de Corexo, na parroquia de Marrozos. Neste mesmo pleno tomou posesión coma concelleiro Rubén Prol.

Ler máis

TURISMO

Turismo de Santiago e a Asociación de Guías celebran o día do Turismo con visitas guiadas á cidade

24/09/2020

Turismo de Santiago e a Asociación Profesional de Guías de Turismo de Galicia celebran o día Mundial do Turismo, dedicado este ano ao "Turismo e Desenvolvemento Rural", coa organización de visitas guiadas á cidade durante esta fin de semana. Esta acción desenvólvese dentro do programa Santiago Prémiate que ambas entidades crearon co obxecto de ampliar a estadía media na cidade.

Ler máis
Compartir: