TURISMO

Santiago foi o segundo destino máis popular neste verán para os turistas españois

23/09/2020

Santiago foi o segundo destino máis reservado en Civitatis polos turistas españois neste verán, segundo os datos desta plataforma líder na distribución en liña de actividades, excursións e visitas guiadas, tal como destacou o concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte. O concelleiro valorou os datos do pasado verán na cidade nunha rolda de prensa na que estivo acompañado pola xerente de Turismo de Santiago, Flavia Ramil.

Ler máis

IGUALDADE

Este xoves remata o programa Artellando Feminismo coa proxección da longamentraxe "El proxeneta" e un posterior coloquio coa súa directora, Mabel Lozano

23/09/2020

A proxección da longametraxe "El proxeneta" pon punto final ao programa Artellando Feminismo, no que, a través de oito xornadas on-line, se visibilizaron as desigualdades entre homes e mulleres, os estereotipos aínda presentes, e se proporcionaron ferramentas prácticas ás persoas asistentes que lles permitirán implicarse de xeito activo na transformación social, fomentando a toma de conciencia na igualdade de dereitos e oportunidades. Despois do filme, está programado un coloquio coa súa directora, Mabel Lozano. A...

Ler máis
Compartir: