IGUALDADE

O CIM mantén o seu nivel de atención durante a crise sanitaria do COVID-19

13/05/2020

Malia as dificultades ocasionadas polo estado de alarma e a crise sanitaria do COVID-19, o Centro de Información ás Mulleres está mantendo o seu nivel de atención en canto a número de usuarias que recorren a este servizo municipal, en relación á mesma época de anos anteriores. Isto é posible grazas a que no CIM se articularon as medidas necesarias para seguir garantindo a asistencia integral das vítimas de violencia de xénero e a adaptación das modalidades de prestación nestas circunstancias...

Ler máis

PERSOAL

A partir do luns restableceranse progresivamente as actividades dos servizos municipais non esenciais

13/05/2020

A partir do luns, 18 de maio, restableceranse as actividades dos servizos municipais non esenciais afectados pola declaración do estado de emerxencia; e volverase ao horario ordinario de 8:00 h. a 15:00 h. previamente existente. Así o establece o Decreto emitido por Alcaldía de actuación para o persoal empregado público, con motivo da transición cara unha nova normalidade, na que se tivo especialmente en conta a importancia da conciliación familiar e laboral coa axeitada prestación de servizos.

Ler máis

MOBILIDADE E SEGURIDADE CIDADÁ

O vieiro de Clara Campoamor queda cortado ao tráfico dende mañá xoves

13/05/2020

Con motivo das obras de reurbanización do vieiro de Clara Campoamor, esta rúa vai quedar cortada ao tráfico a partir das 8:00 horas de mañá xoves 14 de maio e ata o remate das obras. Os desvíos estarán sinalizados de tal xeito que sexa o túnel do Hórreo o que canalice o tráfico na zona sur da cidade (Castiñeiriño) a través da SC-11, avenida de Santiago de Cuba, e tamén para a entrada ou saída dende a SC-20 – N-550.

Ler máis

SOLIDARIEDADE

Sindo Guinarte participa na Comisión Executiva do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

13/05/2020

O concelleiro de Relacións Institucionais, Sindo Guinarte, participou hoxe na Comisión Executiva do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, na que os participantes amosaron a súa confianza en que, tras a superación da crise sanitaria da COVID-19 a nivel estatal, se abra un espazo de maior solidariedade e colaboración cos países do Sur, froito da reflexión sobre a interconexión entre os pobos e a importancia da solidariedade para superar os retos globais. A reunión celebrouse por vía telemática.

Ler máis
Compartir: