ALCALDÍA

Preto de 500 familias xa solicitaron o seu tícket especial de compra

27/03/2020

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, indicou que 476 familias xa solicitaron facer uso do ticket especial de compra, o bono posto en marcha polo Concello para que as unidades familiares con máis dificultades poidan adquirir alimentos e produtos básicos nos principais supermercados e tendas de barrio. A solicitude destes tíckets segue aberta a través do teléfono 010.

Ler máis

LECER

O Concello de Santiago agrupa distintas actividades de ocio destinadas á cidadanía baixo o hastag #Compostelaquedanacasa

27/03/2020

#Compostelaquedanacasa é o hastag co que o Concello de Santiago agrupa varias actividades recompiladas dende os distintos departamentos co obxectivo de facer máis levadeira a estancia nos fogares durante a crise do COVID19. Na rede existen unha chea de recursos docentes, culturais e deportivos que se están poñendo a disposición das familias e dos nenos e nenas para que o tempo de confinamento se converta en tempo de ocio.

Ler máis
Compartir: