ACCIÓN CULTURAL E BARRIOS

O Ensanche vivirá a vindeira fin de semana a sexta edición da súa festa

23/09/2019

Os concelleiros de Acción Cultural, Mercedes Rosón, e de Barrios, Javier Fernández, acompañados do presidente da Asociación Veciñal Raigame, Xosé Manuel Durán, presentaron a VI Festa da Zona Nova, que se celebrará o vindeiro sábado e domingo. A praza Roxa será o epicentro desta Festa, que terá pasarrúas, cantos de taberna, a actuación da Banda Municipal e ata unha intervención artística pública, entre outras propostas.

Ler máis

XUNTA DE GOBERNO

O Goberno local aproba a instalación dun radar fixo no paso inferior de Conxo

23/09/2019

A Xunta de Goberno, na súa sesión ordinaria deste luns, aprobou unha modificación do contrato que o Concello mantén coa empresa xestora dos expedientes sancionadores de tráfico para substituír un radar móbil por outros radares fixos. Deste xeito, instalaranse estes radares no paso inferior do Hórreo e no Restollal.

Ler máis

ALCALDÍA

Sánchez Bugallo pide "colaboración e comprensión" á veciñanza ante as obras de mellora dos Camiños nas entradas a Santiago de Compostela

23/09/2019

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asistiu coa conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, á visita que esta realizou ás obras de mellora e integración paisaxística dos Camiños de Santiago no ámbito do Monte do Gozo. O rexedor expresou a súa satisfacción coa "mellora cualitativa da accesibilidade a Santiago" que supoñen estas actuacións, que "benefician aos/ás visitantes, pero tamén aos composteláns".

Ler máis

ALCALDÍA

O alcalde participou na apertura do programa universitario "A Ponte"

23/09/2019

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, participou co reitor da USC, Antonio López, na inauguración do novo curso académico do programa A Ponte entre o Ensino Medio e a USC. O acto, celebrado no Salón Nobre do Colexio de Fonseca, reuniu equipos directivos e orientadores de centros de secundaria e bacharelato de toda Galicia.

Ler máis

ALCALDÍA

Xuntanza do alcalde con Ourives de Compostela

23/09/2019

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e a concelleira de Educación, Noa Díaz, reuníronse este luns co presidente de Ourives de Compostela, Arturo Ouro Hortas, e con Camilo Regueira e Lisardo Núñez, membros da directiva. No encontro falaron sobre o plan estratéxico do sector.

Ler máis

ALCALDÍA

Encontro coa Asociación Provincial de Empresarios de Construción da Coruña (APECCO)

23/09/2019

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reuniuse este luns coa Asociación Provincial de Empresarios de Construción da Coruña (APECCO), encabezada polo seu presidente, Diego Vázquez, e polo vicepresidente da entidade, José Luis Candela. A xuntanza foi unha primeira toma de contacto na que a entiade lle trasladou ao rexedor as súas propostas.

Ler máis
Compartir: