PLENO

Aprobado o estudo de detalle para a rehabilitación dos grupos de vivendas Cardeal Quiroga e Compostela

17/01/2019

O Pleno da Corporación aprobou hoxe, de forma definitiva, o estudo de detalle para a rehabilitación integral dos grupos de vivendas Cardeal Quiroga e Compostela, no barrio de Pontepedriña. O concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade, Jorge Duarte, lembrou que "este trámite permitirá iniciar o procedemento para a instalación de ascensores nos edificios, máis dunha década despois da declaración da Área de Rehabilitación Integral do barrio".

Ler máis

CONSORCIO

A Casa do Cabido reúne esculturas de Salvador GB Pereira realizadas con materiais reciclados

17/01/2019

A Casa do Cabido acolle a exposición Nun recuncho de ningures, que reúne pezas do artista compostelán Salvador García-Bodaño Pereira, coñecido como RADU , realizadas con materiais reciclados. Esta mañá inaugurábaa o alcalde de Santiago e presidente do Consorcio da cidade, Martiño Noriega. Ao acto asistiron, ademais do propio autor, a xerente do Consorcio de Santiago, Belén Hernández, e o responsable de Exposicións do organismo interadministrativo,...

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

Vinte e cinco espectáculos na programación de Artes Escénicas de Compostela Cultura para este 2019

17/01/2019

A concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, presentou esta mañá a programación de Artes Escénicas para 2019. Fíxoo no escenario do Teatro Principal, acompañada pola vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín; o director xeral de Políticas Culturais da Xunta de Galicia, Anxo Lorenzo; e o director-xerente do Auditorio de Galicia, Xaquín López. Ademais, participaron tamén na presentación representantes das catro compañías que estrean obra dentro deste...

Ler máis

EDUCACIÓN E CIDADANÍA

Ábrese o ciclo de concertos da Escola Municipal de Música na Aula Hospitalaria

17/01/2019

O xoves 24 de xaneiro celebrarase o primeiro dos concertos que a Escola Municipal de Música realizará neste presente curso no marco de colaboración existente entre o Concello e a Aula Hospitalaria do Hospital Clínico. A sesión será ás 18:00 horas e nela participará os/as alumnos/as de clarinete María Caneda, Antón Pontevedra e Nerea Botana, co acompañamento do seu mestre Pablo Pascual.

Ler máis
Compartir: