CONSORCIO

A Casa do Cabido acolle unha mostra do escultor "Francés" que rende homenaxe á muller, criticando o machismo da sociedade actual e a cultura xaponesa

12/07/2018

A Casa do Cabido acolle a exposición Compostelaneando a miña fauna. Muller, Xapón, Cacto…, que reúne pezas en pequeno formato do escultor José Francisco López Noya, máis coñecido como "Francés". Esta mañá inaugurábaa o alcalde de Santiago e presidente do Consorcio da cidade, Martiño Noriega. Ao acto asistiron, ademais do propio artista, a xerente do Consorcio de Santiago, Belén Hernández; e o responsable de Exposicións do organismo interadministrativo, Juan Conde.

Ler máis

EDUCACIÓN E CIDADANÍA

Chega a Santiago en agosto o programa de divulgación da USC "TodoCosmos"

12/07/2018

Co financiamento da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía, o Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC (OARMA) desenvolve por quinto ano consecutivo o programa de divulgación científica astronómica TodoCosmos, iniciativa que tenta levar esta ciencia a todos os lugares e sectores da poboación.

Ler máis
Compartir: