INFORMÁTICA

Seguen as xuntanzas para a implantación da Administración Electrónica

21/06/2018

Este xoves celebrouse unha nova reunión para avanzar na implantación da Administración Electrónica no Concello de Santiago. Desta vez, a xuntanza xirou en torno ao proxecto denominado Estima, relacionado coa xestión tributaria e a recadación. O Goberno municipal destinará máis de 1,8 millóns de euros á nova plataforma de Administración Electrónica.

Ler máis

MOBILIDADE

Servizos especiais do transporte urbano para asistir ao partido da SD Compostela e ao festival "O Son do Camiño"

21/06/2018

O vindeiro 25 de xuño entran en vigor, como cada ano, os horarios de verán no servizo de transporte urbano. Os detalles do mesmos déronos a coñecer en rolda de prensa o concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, e o xerente de Tussa, José Ramón Mosquera, quen tamén anunciaron os servizos especiais previstos con motivo do partido da SD Compostela en San Lázaro deste domingo e do festival O Son do Camiño.

Ler máis

CENTROS CÍVICOS

Teatro, circo e circuítos saudables, novas propostas para "vivir o verán" coa rede de Centros Cívicos

21/06/2018

A rede de Centros Cívicos ten preparada unha ampla programación para os próximos meses, co obxectivo de ofrecer propostas de lecer e ocio saudable para todos os públicos. A concelleira Concha Fernández presentou hoxe algunhas das actividades que se levarán a cabo en xullo, como o programa de Circuítos saudables ou as actuacións de circo nos parques. Tamén deu conta da II Mostra de Teatro no Principal, que se celebrará a próxima semana.

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

"Peregrinos musicais" aumenta a sete o número de concertos, nos que participarán 11 novos talentos da música clásica

21/06/2018

Santiago vai volver vestir a súas mellores galas nos escenarios históricos e monumentais que se reparten pola capital de Galicia para acoller, por oitavo ano consecutivo, o Festival Peregrinos Musicais. Ao Teatro Principal, a Catedral de Santiago e o Auditorio de Galicia engádense este ano o Salón Teatro, o Paraninfo da USC e o Auditorio de Sanxenxo. Tamén vai contar como é habitual coa colaboración da Real Filharmonía de Galicia, que dirixe Maximino Zumalave, que ofrecerá un gran concerto de clausura o mércores 4...

Ler máis

CONSORCIO

O Consorcio de Santiago destinará 148.000 euros en axudas para a mellora dos locais comerciais da cidade histórica

21/06/2018

O Consorcio de Santiago celebrou esta mañá a súa Comisión Executiva, presidida polo alcalde da cidade e presidente do organismo interadministrativo, Martiño Noriega. Na xuntanza aprobáronse as bases da convocatoria do Programa Localízate, destinado á rehabilitación dos locais comerciais da cidade histórica, para o que o organismo destinará 148.000 euros. Búscase mellorar a accesibilidade dos locais, a súa eficiencia enerxética, a súa imaxe exterior e o seu acondicionamento...

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL E IGUALDADE

Compostela subscribe a Carta pola Igualdade MH nas Artes Escénicas, promovida pola asociación Clásicas y Modernas

21/06/2018

O Concello de Santiago vén de sumarse á Carta pola Igualdade MH nas Artes Escénicas, impulsada pola asociación Clásicas y Modernas co obxectivo de equilibrar a presenza de homes e mulleres na programación artística. O acordo subscrito hoxe aféctalle a tres espazos culturais da cidade: o Auditorio de Galicia, o Teatro Principal e a Sala Agustín Magán.

Ler máis
Compartir: