MEDIO AMBIENTE

O Concello de Santiago e Hostalería Compostela colaboran para fomentar o consumo da auga da billa

13/06/2018

O Concello de Santiago e a asociación Hostalería Compostela veñen de asinar un convenio que ten como obxectivo promover o consumo da auga da billa e, polo tanto, reducir a xeración de residuos no sector HORECA. O acordo, enmarcado no proxecto Santiauga, foi presentado hoxe polo concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, e a presidenta do colectivo hostaleiro, Sara Santos.

Ler máis

TURISMO

O lume sagrado do Pico Sacro regresa a Santiago polo San Xoán

13/06/2018

As rúas da zona histórica de Compostela iluminaranse o próximo 22 de xuño coa Ofrenda do Lume Sagrado do Pico Sacro, unha iniciativa na que colaboran os concellos de Santiago e Boqueixón, e a Asociación Fervenza do Castro de Callobre (A Estrada). Trátase dunha recreación da tradición pagá coa que se daba a benvida ao solsticio de verán, que se enmarca na celebración do San Xoán, e que seguirá á cerimonia para a obtención do lume, o domingo 17 de xuño no cumio do Pico Sacro.

Ler máis

POLÍTICAS SOCIAIS

Comeza unha rolda de xuntanzas no rural para presentar os Servizos Sociais Comunitarios

13/06/2018

A concelleira de Políticas Sociais vén de iniciar unha rolda de reunións coas asociacións veciñais da zona rural para presentar e explicar os diferentes programas e prestacións que se desenvolven desde os Servizos Sociais Comunitarios do Concello de Santiago. Concha Fernández mantivo onte a primeira desas xuntanzas, coa veciñanza de Bando e Aríns.

Ler máis

MEDIO AMBIENTE

Comeza o proceso para transferir a Tropa Verde a outras cidades europeas

13/06/2018

Esta mañá celebrouse en Budapest a primeira reunión da Rede de Transferencia do programa europeo Urbact que lidera o Concello de Santiago, a través do programa Tropa Verde. Ao longo dos seis próximos meses, a rede tratará de captar novas cidades participantes, que se sumen a Budapest, o distrito 14 de Zuglo (Hungría), a Aglomeración de Opole (Polonia), Metrópoli Nice Costa Azul (Francia), Pavlos-Melas (Grecia) e Guimaraes (Portugal).

Ler máis
Compartir: