LINGUA

Case 300 imaxes participaron na terceira edición de Fotolingua

11/06/2018

O concurso Fotolingua vén de pechar a súa terceira edición, coa presentación de case 300 imaxes únicas de establecementos de Santiago que utilizan o galego nas súas comunicacións. Na pasada convocatoria, rexistráranse un total de 98 fotografías, algunhas delas publicadas por duplicado nas dúas redes sociais utilizadas no certame, Facebook e Instagram.

Ler máis

CENTROS CÍVICOS

Volta e Dálle representa "Dura Lex" en Fontiñas

11/06/2018

O mércores 13 de xuño, ás 20:00 horas, a compañía Volta de Dálle representará a obra Dura Lex no Centro Cívico das Fontiñas. Despois da representación haberá un coloquio co público sobre a liberdade de expresión e a "Lei Mordaza" no que participará o colectivo EsCULcA (Observatorio para a defensa dos dereitos e liberdades).

Ler máis

IGUALDADE E MEDIO RURAL

Un encontro no Centro Cívico de Laraño pecha os Obradoiros de empoderamento no rural

11/06/2018

Os Obradoiros de empoderamento do rural botan o peche cun gran encontro no Centro Cívico de Laraño, que permitirá que ás mulleres que participaron na actividade nas distintas parroquias de Compostela poñan en común as súas experiencias. A xuntanza será o mércores, 13 de xuño, a partir das 17:00 horas. O obxectivo é fomentar a creación dun espazo de convivencia entre as mulleres das parroquias e impulsar o asociacionismo neste ámbito. A concelleira de Igualdade, Marta Lois, e o edil de Medio Rural,...

Ler máis

ALCALDÍA

O Concello e a Deputación asinan o convenio para a celebración da Supercopa

11/06/2018

A alcaldesa en funcións, María Rozas, e o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, asinaron esta mañá na sede da institución provincial o convenio de colaboración para o cofinanciamento dos 242.000 euros que supón o patrocinio da Supercopa de Baloncesto. Esta competición disputarase en Compostela a finais do mes de setembro.

Ler máis
Compartir: