POLÍTICAS SOCIAIS

As mulleres xitanas "marcan a diferenza" en Santiago de Compostela

05/04/2018

A concelleira de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde, Concha Fernández, deu conta esta mañá dunha campaña posta en marcha pola Fundación Secretariado Xitano e Agareso en colaboración con Obra Social "laCaixa" e o Concello de Santiago que busca "visibilizar as mulleres xitanas no noso municipio". Na rolda estivo acompañada de Lorena Seijo, coordinadora de Agareso, e Isabel Suárez, coordinadora do Equipo FSG Santiago.

Ler máis

POLÍTICAS SOCIAIS

Un "X" solidario para axudar ás persoas máis vulnerables

05/04/2018

A concelleira de Políticas Sociais, Diversidade, Saúde e Centros Cívicos, Concha Fernández, participou na praza do Obradoiro do acto simbólico "Marca o X solidario", organizado por EAPN Galicia, CERMI Galicia e Coordinadora Galega de ONGD.

Ler máis

CONVIVENCIA

A Policía Local de Santiago fórmase en lingua de signos

05/04/2018

A Policía Local de Santiago vén de iniciar a súa formación en lingua de signos, en colaboración coa Asociación de Persoas Xordas de Santiago de Compostela (APSSC). O curso comezou onte e permitirá que os e as axentes adquiran unha competencia básica, sobre todo en terminoloxía asociada á súa profesión.

Ler máis

MEDIO AMBIENTE

O persoal investigador da USC coñece o "Smartiago"

05/04/2018

O concelleiro de Medio Ambiente, Convivencia e Informática presentou hoxe o proxecto Smartiago ao persoal investigador da Universidade de Santiago, nunha charla celebrada no edificio CITIUS. O obxectivo era mostrarlles aos grupos de I+D as oportunidades que supón para a USC o programa de Compra Pública Innovadora polo que o Concello de Santiago vén de captar cinco millóns de euros de fondos europeos.

Ler máis
Compartir: