ALCALDÍA

O alcalde reclama solucións ao conflito da xustiza

27/02/2018

O alcalde recibiu esta mañá aos representantes do comité de folga do sector da xustiza, para expresar a súa solidariedade coas súas demandas e reclamar solucións "a un conflito que lle está a afectar ao día a día da veciñanza de Compostela". En Santiago estanse a suspender entre 30 e 40 xuízos diarios dende que se iniciou o paro indefinido dos funcionarios xudiciais, o pasado 7 de febreiro.

Ler máis
Compartir: