XUNTA DE GOBERNO

Máis de 60.000 euros para a mellora do Refuxio de Animais de Bando

28/12/2018

A Xunta de Goberno deu conta hoxe da sinatura dun convenio de colaboración entre o Concello de Santiago e a Fundación Refuxio de Animais para o financiamento das obras de mantemento e mellora das instalacións de Bando. A achega municipal para os traballos será de 60.500 euros.

Ler máis

NADAL

Cantos de taberna nos centros cívicos para celebrar o Nadal

28/12/2018

A próxima semana, os centros cívicos do Romaño, Fontiñas e O Ensanche serán escenario dunha actividade incluída na programación de Nadal, e que o Concello pon en marcha en colaboración coa Asociación Muiñeiros do Sarela. Trátase dun ciclo de Cantos de Taberna, que inclúe obradoiros nos que as persoas participantes poderán aprender o repertorio tradicional que despois será interpretado polas rúas e tabernas de cada barrio.

Ler máis

XUNTA DE GOBERNO

O Concello renovará a súa rede de servidores no marco do proceso de implantación da administración electrónica

28/12/2018

A Xunta de Goberno acordou hoxe iniciar o procedemento de adxudicación para a ampliación da infraestrutura de servidores do Concello de Santiago, de cara á implantación da administración electrónica. O proxecto conta cun orzamento de 190.000 euros, dos que 152.000 procederán de fondos europeos vinculados ao programa ReVive-Edusi Santiago.

Ler máis

CONSORCIO

O Consorcio concedeu axudas por 274.000 euros en 2018 a través dos seus diferentes programas

28/12/2018

O Consorcio de Santiago ten en marcha na actualidade tres programas de subvencións destinados á rehabilitación de inmobles e locais comerciais situados no ámbito do Plan Especial de Protección e Rehabilitación da Cidade Histórica. Trátase do Programa de axudas á rehabilitación de carpinterías de madeira e reixas, co que se busca mellorar a eficiencia enerxética das vivendas, co consecuente aforro económico para os cidadáns, e optimizar o seu illamento acústico; o Programa Ter é...

Ler máis
Compartir: