EDUCACIÓN E CIDADANÍA

Servizos de comedor e de madrugadores na rede de centros públicos de educación infantil e primaria do Concello de Santiago de Compostela

01/09/2017

O Concello de Santiago de Compostela pon en marcha, o 11 de setembro, o servizo de comedores e madrugadores nos seguintes centros de ensino públicos: Apostólo Santiago, Quiroga Palacios, As Fontiñas, Roxos-Villestro, Vite, Mestre Rodríguez Xixirei (Lavacolla), Monte dos Postes, Raíña Fabiola, Ramón Cabanillas e, no caso do CEIP Arquitecto Casas Novoa, só o servizo de madrugadores.

Ler máis

XUNTA DE GOBERNO

Aprobado o proxecto de restauración do itinerario fluvial do Sarela

01/09/2017

A Xunta de Goberno aprobou este venres o proxecto de restauración e mellora do itinerario fluvial De ponte a ponte polo río Sarela. A actuación, que será executada grazas ao convenio asinado polo Concello e o Consorcio, conta cun orzamento de licitación de preto de 90.000 euros, e un prazo de execución de tres meses.

Ler máis

ALCALDÍA

O Concello e a Fundación ONCE colaborarán en accións para a integración social e laboral das persoas con discapacidade

01/09/2017

O Concello de Santiago e Inserta, entidade sen ánimo de lucro promovida pola Fundación ONCE, van colaborar na posta en marcha de accións para a integración social e laboral das persoas con discapacidade. Así se establece no convenio asinado hoxe polo alcalde, Martiño Noriega, e o vicepresidente executivo da Fundación ONCE, Antonio Durán. No acto tamén estivo presente a directora da entidade en Galicia, Menchu Iglesias.

Ler máis
Compartir: