PATRIMONIO

"Santiago de Compostela: Cidade Universal", na nova guía das cidades Patrimonio da Humanidade xa á venda

10/07/2017

GeoPlaneta, o selo editorial especializado en viaxes do grupo Planeta, vén de publicar a nova guía de viaxe polas cidades Patrimonio da Humanidade de España. A guía máis completa publicada sobre o conxunto destas 15 cidades españolas, con ilustracións descritivas de puntos de interese, planos xerais, despregables con información de utilidade para cada unha das cidades e máis de 600 fotografías para visualizar toda a súa beleza.

Ler máis

ALCALDÍA

Martiño Noriega reivindica o papel de Santiago como "capital da lingua"

10/07/2017

O alcalde reivindicou hoxe o papel de Santiago como "capital da lingua, que ten a responsabilidade de abrir camiño e mostrar o potencial do noso idioma". Foi durante a inauguración da xornada "A lingua como oportunidade", organizada polo Concello en colaboración coa UCCLA, a Unión de Cidades Capitais da Lingua Portuguesa.

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

A Banda Municipal e Brincadeira xúntanse para un concerto único

10/07/2017

A Banda Municipal de Música de Santiago e a Agrupación de Baile e Música Tradicional Brincadeira van colaborar nun concerto moi especial que terá lugar o xoves 13 na praza das Praterías. A concelleira Noa Morales presentou hoxe esta actuación, nunha rolda de prensa na que estivo acompañada polo director da Banda, Casiano Mouriño, e por dous dos profesores de Brincadeira, Felisa Segade e Xoán Porto.

Ler máis

ALCALDÍA

Uxía: "O meu pregón será un roteiro de música e emocións por Compostela"

10/07/2017

O alcalde mantivo hoxe un encontro coa cantante Uxía, encargada do pregón que o venres abrirá as festas do Apóstolo. Martiño Noriega reiterou que "para a cidade é un motivo de orgullo que Uxía aceptara este encargo, porque é parte de Compostela". Tamén lembrou que ten "unha traxectoria espectacular no mundo da música, é unha referencia no país, embaixadora no espazo da lusofonía e pioneira no campo da música infantil".

Ler máis
Compartir: