PATRIMONIO

Jorge Duarte participa en Córdoba nunhas xornadas sobre sustentabilidade nos centros históricos

09/06/2017

Córdoba acolle este xoves e venres un encontro co título "Sustentabilidade e convivencia en centros históricos, uso e goce do espazo público e xestión da contaminación acústica. Smart City/Smart Heritage: Intercambio de experiencias nas Cidades Patrimonio da Humanidade de España". O concelleiro de Espazos Cidadáns, Jorge Duarte, participa nestas xornadas xunto con outros edís responsables de Patrimonio das Cidades Patrimonio.

Ler máis

DEPORTE

Salgueiriños acolle a XI edición de XiraKarting, que achegará o mundo do motor ao público familiar

09/06/2017

A concelleira de Deporte, Noa Morales, presentou esta mañá a undécima edición de XiraKarting Galicia, que se celebra do 9 ao 11 de xuño nun circuíto instalado en Salgueiriños. Na rolda estivo acompañada por Raquel González, directora de RGM Eventos; Antonio Cortés, director de Marketing de Gadisa, e Ernesto Vázquez, da Federación Galega de Automobilismo.

Ler máis
Compartir: